Friday 10 de May de 2024

O V Trofeo de Atletismo Barbanza realizarase na Pobra no 27 de maio


A Pobra do Caramiñal continúa sumando eventos de distintas disciplinas no seu calendario deportivo. Unha destas citas é o V Trofeo de Atletismo Barbanza, que terá lugar no 27 de maio, a partir das 17.00 horas, no estadio municipal da Alta.

Reunirá as probas de salto triplo mixto (da sub-16 en adiante), lanzamento de peso (absoluta feminina), xavelina (absoluta mixta) e carreiras de metros lisos en distintas distancias dende as categorías sub-8 á absoluta.

Os premios consistirán en medallas e trofeos. As inscricións realizaranse de maneira telemática a través da páxina web https://isis.rfea.es/sirfea2/ ata as 22.00 horas do día 25 de maio.

Organizan a Concellaría dos Deportes, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza co control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (FGA).